> -Nome completo
> Emilio García Vilarín


> -Xa sabemos todos que eres o entrenador pero, ¿Qué Posición prefires?
> Mediocentro.


> -¿Cómo empezaches no mundo do fútbol?
> Imaxino que coma a gran maioría no colexio, tamén tiveron moita influencia as grandes pachangas que se botaban no campo de “As Airas” en San Mamede os domingos, xogábamos os veciños de todas as idades dende despois de comer ata que se facía de noite, gran recordo.


> -Resumeme a túa traxectoria futbolística
Menos media tempada que xoguei nos xuveniles do Chantada, sempre no Taboada dende os 15 anos ata hoxe, como xogador primeiro e logo como adestrador (co paréntesis da tempada pasada).


>-¿Que é o Taboada CF para ti?
Está é complicada………….., é un sentimento indescriptible, por todas as cousas que leva aportado na miña formación como persoa. (e que son moitos anos)


> -Se che preguntara qué é o fútbol, ¿cómo o definirías?
> Como todos sabemos o que é, vou a facer un símil do que sería un equipo de fútbol para min; “sería coma un bó reloxo, que aínda que perda unha peza, segue sendo bonito pero xa non funciona igual”, con esto quero defender a importancia do colectivo, e de cada un dos seus componentes.

> -¿Cómo valoras esta temporada?
Se tivera que valorala sería con un ben.


>-¿Qué tal viches o equipo en particular?
Estou satisfeito coa resposta do equipo en xeral, pero creo que temos calidade para dar un pouquiño mais, polo tanto temos que seguir traballando para dar outro pasiño.

> -¿Ganas de empezara próxima?
Na miña cabeza xa comenzou o día seguinte de acabarse a anterior, aínda que non empezara oficialmente.


> -Bóveda claro vencedor en 2ª e campión de copa, ¿cres que foi xusto vencedor ou viches equipos máis fortes?
> A pesar de que a nós o Bóveda se nos deu ben esta tempada, creo que sí, é un xusto vencedor, ós feitos me remito.


> -¿Como viches o nível da categoria este ano?
> Foi unha liga moi igualada, na que o nivel dos equipos era moi parexo, sacando o Bóveda que foi o mais regular.


> -¿Cómo te sintes no clube?
Despois de tantos anos síntome coma na miña casa.

> -¿Como cres que se sinten contigo?
Desexo que ben, de todas maneiras eso ten que decilo o resto da xente que forma parte do club.

> -¿A que cres q se deben os cambios respecto o ano pasado?
> Eu non estaba o ano pasado, polo tanto non podo opinar sobre algo que non coñezo, si é que houbo algún cambio.


> -¿Obxectivos para o ano que ven?
> Como sempre digo, esto é unha carreira de fondo e do que se trata e de coller unha boa posición para o sprint final, esa posición é a que determina os obxectivos, espero e desexo que nós traballemos día a día para colocarnos nas que dan lugar a loitar polos primeiros postos.


>-Mollate un pouco: ¿algunha fichaxe por ahí?¿Algunha baixa? (non vale non decir nadie, jejeje)
No que se refire ás altas algunha cousa si que se está mirando pero non hai nada confirmado polo tanto non é que non me queira mollar, o único que podo decir é que Recubao e Alex pasan a formar parte da 1ª plantilla despois de acabar o seu periplo nos xuveniles, e respecto as baixas polo de pronto parece que Javier nos vai a deixar este ano pero aínda non é oficial.


>-Todos sabemos que xogas tamén nos veteranos¿como valoras a súa temporada?
Valoraría con un notable xa que se quedou segundos.


>-Seguimos cos veteranos¿obxectivos para o ano?
Aquí si que digo que como tódolos anos o obxectivo e ser campeóns, e que se non digo esto mátame o Seso.


> -¿Cómo te viche esta temporada?

Esta tempada creo que estiven peor ca anterior, vamos que non me vin moi ben, tamén pudo ser debido a que tiven menos continuidade por mor de algunha lesión e de haber coincidido algúns partidos cos do Taboada.

>-¿Contas seguir na entidade moitos anos máis?tanto en veteranos coma de entrenador
En veteranos algún ano mais sí porque eso depende de min e como adestrador hai moitas circunstancias que non se poden controlar e que poden influir na continuidade.

> Moi persoal:
>
> UN COLOR:
> Branco e azul por suposto.
>
> UNHA COMIDA
> Habría moitas, pulpo a feira e dende este ano o butelo da Medela.
>
> UNHA BEBIDA:
> Auga e Cocacola.
>
> UN NUMERO
> Dous tamén o 5 e o 13
>
> UN EQUIPO
> O Taboada.
>
> UN LIBRO
> Raíces de Alex Haley, aínda que hai moitos que me gustan.
>
> UNHA PELICULA
> Pulp Fiction de Quentin Tarantino e Grand Torino de Clint Eastwood.
>

UN XOGADOR PROFESIONAL
> Schuster e Guardiola
>
> UN ADESTRADOR
> Johan Cruyff e Gema
>
> UN HOBBIE
> Unha boa tertulia falando de fútbol, creo que é un gran pasatempos.
>

> UNHA MANIA
> Varias, pero ningunha en especial.
>
> UN GOL
>Un golazo de falta directa que marcou Feás (Javier) na final da Copa, foi de primeira división.
>
> TEU MELLOR GOL/PARADA:
> > Non suelo marcar moitos, pero polo seu significado o 5º penalty das semifinais da copa en Río Sil e que nos deu o pase a final.
>
> O PARTIDO DO QUE MELLOR RECORDO TES
> A final da Copa contra a Comercial en Sarria, empatamos a 4 no partido e logo gañamos a penaltys, IMBORRABLE.
>
> O PARTIDO DO QUE PEOR RECORDO TES
> Este é como adestrador, en Santa Comba contra o Pol que significou o descenso a terceira rexional, tamén imborrable.
>
> O MELLOR XOGADOR CO QUE XOGACHES
> No que a calidade se refire, para o meu gusto Guerreiro.
>
> O MELLOR COMPAÑEIRO DE VESTIARIO
> Está claro que con uns tes mais afinidade que con outros, pero quédome con todos os que tiven o largo de istes anos que non foron poucos.

> UNHA ANECDOTA QUE NUNCA ESQUECERAS
> Teño un demo delas despois de tantos anos, dende perder unha porta da maleta do autobús nun desplazamiento ata a imaxen de ver a Seso agarrar o árbitro polas barbas en Río Sil por mor da impotencia ó atraco que nos estaban metendo.
>
> ERES XOGADOR PORQUE...
> Sencillamente porque me gusta o fútbol.
>
> O MELLOR DE SER XOGADOR É...
> O día a día cos compañeiros, sufres e alegraste con eles, é algo indescriptible, creo que hai que vivilo
>
> E O PEOR...
> Peor creo que non hai nada, podería decir as lesións por decir algo, pero é que tamen forman parte do xogo.
>
> UN RECORDO
> Futbolísticamente tres, gañar a Copa e os ascensos a 1ª rexional tanto como xogador coma de adestrador.
>
> UN SOÑO:
> Que poidamos celebrar algo o remate da tempada que ven.
>
> UNHA FRASE
>”Como no sabían que era imposible lo hicieron”, e gústame moito un proverbio que usaba moitas veces o Gema cando pasaba algo malo ou que non lle gustaba “Dios proveerá”.
Enjoy the site? All donations are appreciated

Free Text Host is brought to you by Dagon Design
This site contains no adware, spyware, or popups
Questions? Comments?     Privacy Policy     Report abuse here