> -Nome completo e data de nacemento
> Diego Mejuto García 20/10/1989

> -¿Cómo prefires que te chamen? ¿Diego,Mejuto, Meju?
> Diego creo que solo mo chama miña nai e pouca xente máis, Mejuto se ta meu pai cerca cabrease (risas) creo que me quedo con Meju

> -¿Estudos?
> De momento bacharelato e estou en 2º curso de Maxisterio de Ed.Física.

> -¿De que che gustaría traballar?
> Pois guataríame que fose algo relacionado co que estou estudiando porque me gusta o deporte en sí

> -¿Posición?
> Este ano foi maiormente de interior por ambas bandas, quizáis máis pola dereita, algún partido lateral...

> -¿En qué posición preferirías xogar?¿Donde te atopas máis a gusto atacando ou defendendo?
> Supoño que calquera das posicións na banda me gustan, todo é cuestión de probar, nas categorías inferiores estuven variando entre interior e lateral así que depende. Gustar gusta máis atacar por suposto pero a veces non salen as cousas que defendendo si salirían

> -¿Cómo empezaches no mundo do fútbol?¿Cando e porqué?esbózanos a túa carreira deportiva
> Pois empecei no futbito no colexio de Paradai, supoño que por iniciativa de meu pai, non o recordo... de ahí pasei ás categorías inferiores da Residencia, en prebenxamines onde empecei a futbol sala, despois futbol 7 e xa finalmente futbol 11, estuven un tempo noutros dende a categoría infantil ata que cheguei a cadete e meu pai me dixo qué me parecería xogar nos xuveniles do Taboada, probei un día e aquí me tedes, desde entón só deixei o clube un ano no que non houbo xuvenís e tuven que buscarme a vida na Milagrosa, equipo do que teño un gra recordo e aprecio. E agora con 19 anos atopome no equipo de 2ª rexional do Taboada

> -¿Qué significa o Taboada CF para ti?
> É unha pregunta moi dificil...É maís que un clube en sí é un grupo,só direi que aquí fixen amigos que durarán toda a vida e que para mín a nivel persoal é o mellor clube que existe.

> -A parte de ser un incondicional deste equipo como tes amosado dabondo: ¿Serás madrilista confeso como teu pai? digo eu ¿ata a medula como o "vello" ou tes outras cores? Sorpréndenos
> A verdade e que desde pequeno o meu pai quixo "educarme" na disciplina branca (risas) pero salinlle algo torcido, forofo forofo non son de ningún equipo pero simpatizo bastante máis co deportivo que con calquera outro, supoño que será polo azul e branco jeje

> -Falando de teu pai, ¿Cómo o ves ou qúe sabes del como xogador e mito vivente do Taboada C.F ?¿É un espello no que mirarse?
> Como xogador pouco sei del salvo cando era pequeno que o vía xogar nos veteranos, a verdade e que escoito moitas historias del e sempre haberá esas comparacións de teu pai facía así... pero como el sempre di, somos distintos, para empezar el xogaba de libero/central e eu xogo máis na banda e atacando, somos distintos como xogadores pero por suposto que a nivel de logros e da admiración que teñen por el é un espello no que mirarse, ¿todos os bos xogadores o son no?, espero que non lea esto ou non haberá quen o aguante(risas). Pero tampouco me molesta telo ahí para intentar superalo.

> -¿Cómo te ve el a ti como xogador, tendo en conta que o tiveche como míster?¿É duro e crítico contigo?.
> El de min como xogador pouco fala prefire non decir moito aínda que eu sempre lle pregunto que tal o fago ou que teño que mellorar, é crítico comigo á súa maneira, pero normalmente non me dí nada, e mira que lle pregunto...Tuveno de míster un ano pero a falta de xente do equipo obligouno en certa maneira a facer rompecabezas e moitos de nós xogabamos en posicións distintas das habituais debido a eso.

> -Por certo, ¿Cómo é el como adestrador?
> Está claro que unha persoa que xogou o fútbol tanto tempo e que foi un "mito" sabe bastante o que hai que facer dentro do campo, e sábeo transmitir bastante ben os seus xogadores, como dixen antes o problema teno na falta de xente no equipo xuvenil porque creo que se o grupo funciona ben el saberá levalo aínda mellor do que o leva agora. Porque pese a eso dos tres que pasamos de xuvenís o ano pasado dous temos ficha co primeiro equipo e eso é un logro.

> -Seguimos coa familia, ¿coñeces a teu primo, creo que xa segundo, Sergio Mejuto Quintela, carteiro maior máis madrilista ca Bernabeu e máis simpático ca Gila?
> Desculpe a miña ignorancia pero neste momento non caio... a verdade e que teño moitos primos segundos terceiros e por ahí polo mundo adiante

> -Outra familiar ¿Cómo leva a Berta a vosa paixón polo fútbol? dame a min que é pouco futbolera
> No moi futbolera non é pero polo que sei sempre ía ver a meu pai cando xogaba e ten vido moitas veces a verme a min pero ela di que se pon moi nerviosa e por eso prefire non ir moito

> -Se che preguntara qué é o fútbol, ¿cómo o definirías?
> Pois a verdade non sei exáctamente como o definiría supoño que sería moito máis que un deporte, moita xente dí que é un estilo de vida, supoño que sí porque a quen lle gusta este deporte está pegado o televisor ou vai o campo de fútbol do seu equipo os domingos, e se lle gusta xogalo é dos primeiros en chegar a entrenar, dos que mellor o pasan, dos últimos en marcharse e xeral ós que máis lles importa.

> -¿cómo valoras esta temporada?
> A verdade e qué é a miña primeira temporada nun equipo desta categoría pero en xeral creo que estuvo ben, superamos con creces todo o ocorrido o ano pasado, estuvemos pelexando polo ascenso case ata o final quedamos entre os 6 primeiros, o único que tal foi ser eliminados da copa sen comelo nin bebelo por así decilo, xa sei que un partido malo teno calquera pero houberame gustado seguir un pouco máis.

> -O Boveda claro vencedor en 2ª, ¿cres que foi xusto vencedor ou viches equipos máis fortes?¿non cres que o Taboada C.F pudo quedar máis arriba pois gañamos os partidos de arriba incluido o campión por un claro 3-6?
> Creo que a liga é unha competición de regularidade e eles foron máis regulares ca nós se non non estarían ahí, un equipo pode ter mala sorte en un ou dous partidos pero non se acostuma a gañar ligas por sorte, eu creo que os equipos dos 6 ou 8 primeiros son equipos moi fortes en xeral e todos tiñamos equipo suficiente para quedar arriba pero solo pode gañar un e este ano non tocou, outra vez será seguro.

> -¿Como te ves dentro do vestiario e a relación cos compañeiros? pois o equipo é todo
> A verdade xenial todos se portaron moi ben comigo, sempre intentan axudar a mellorar, sempre hai bromas e ó ser un novato hai que saber aceptalas e neso non teño problema a verdade e que me vai quedar moi bon recordo deste equipo do meu primeiro ano en 2ª rexional

> -¿Qué obxectivos podemos marcanos para a tepada que ben?
> Eu creo que podemos aspirar alto en todos os campos tanto á liga, co consecuente ascenso, coma a copa, somos un grupo moi unido e traballamos ben e todo chegará

> -A título persoal¿Cómo te viche esta tempada?Ponte nota do 1 o 10
> Costoume bastante adaptarme a categoría é a forma de xogar no equipo pois o ano pasado todo era moi distinto e xogaba en outra posición pero supoño que a base de partidos vaise aprendendo e de feito cara o final de tempada íame sentindo moito máis e máis cómodo, así que un aprobado(5 ou 6) estaría ben

> -¿Como cres que se sinten contigo?
Iso non debería respostalo eu...pero se a xente se sinte comigo como eu me sinto ca xente (compañeiros de equipo, directiva, adestrador, etc) xa me dou cun canto nos dentes ( ou mellor non que igual me pego na nariz e non estou para bromas con ela)

> -¿Qué novas ideas cres que se poden aportar a través da web?
> Supoño que a directiva xa irá propoñendo as súas pero eu xa dixen no seu momento dende venta de obxectos ca insignia do Taboada ata facer máis socios, darnos a conocer é sobre todo un medio de comunicación

> -¿Onde te ves nun futuro cando se acabe o fútbol?¿Gustaríache seguir vinculado como adestrador, arbitro, directivo?
> A única á que diría que non é a ser arbitro, son arbitro de mesa en fútbol sala e sei que nunca podería ser arbitro en serio. Adestrador é unha idea que me gusta pois como dixen antes ten que ver coa miña carreira, pero aínda falta para todo eso, e directivo, supoño que non negaría algo así depende...pero o dito, aínda queda moito
>
>
> Moi persoal:
>>>>>>>>>>>
> SIGNO DO ZODÍACO:
> Libra
>
>
> UN COLOR:
> Verde
>
>
> UNHA COMIDA
> Comida o churrasco encántame, e falando caro, os percebes chiflanme
>
>
> UNHA BEBIDA:
> Auga dende sempre.
>
>
> UN NUMERO
> O 22 e o 2 e este ano gustoume o 19 jeje
>
>
> UN EQUIPO
> Taboada C.F. Profesional, Depor como dixen antes pero gustanme os que fan disfrutar xogando ben
>
>
> UN LIBRO
> Buff quedaríame con Rebeldes que lin cando era pequeno porque recordo que me encantara
>
>
> UNHA PELICULA
> non sabería dicirche vin tantas...
>
>
> UN XOGADOR PROFESIONAL
> Zinedine Zidane, para min ese tipo era Dios
>
>
> UN ADESTRADOR
> Arsene Wenger gustame bastante
>
>
> UN HOBBIE
> Futbol claramente... pero tamén me gustan todos os deportes en xeral e o típico, andar cos amigos, a videoconsola...
>
>
> UNHA MANIA
> Como as uñas cando tou nervioso
>
>
> UN GOL
> O de Zidane na Champions eso foi incrible, ou o de Roberto Carlos que lle pega co exterior e rodea a barrera como quen di. Do Taboada quedome co gol do Gael o ano pasado en xuvenís contra a comercial na casa no último minuto e con un menos
>
>
> TEU MELLOR GOL/PARADA:
> gol (risas) non teño moito que decir pero o máis gracioso foi o gol "olímpico" o ano pasado
>
>
> O PARTIDO DO QUE MELLOR RECORDO TES
> Residencia 0-1 Taboada CF aquel partido encantoume
>
>
> O PARTIDO DO QUE PEOR RECORDO TES
> Quizáis o máis recente o do Paradela
>
>
> O MELLOR XOGADOR CO QUE XOGACHES
> Creoque non sería capaz de dicir un
>
>
> O MELLOR COMPAÑEIRO DE VESTIARIO
> Todos son xeniais
>
>
> UNHA ANECDOTA QUE NUNCA ESQUECERAS
> Creo que xa se sabe, só direi que acabei no bus...
>
>
> ERES XOGADOR PORQUE...
> Simplemente, encántame
>
>
> O MELLOR DE SER XOGADOR É...
> Que todo o que pasa, as amistades... acompañarante sempre
>
>
> E O PEOR...
> As lesións está claro
>
>
> O TEU PEOR RECORDO ESTÁ CLARO QUE FOI A ROTURA DE TIBIA E PERONÉ FARA DOUS ANOS PERO CAL É O MELLOR RECORDO
> Unha medalla que me regalaron na temporada 97/98 que pon "Do Taboada C.F a Diego Mejuto",déronlla a meu pai para que ma dera a min, eu tiña uns 10 anos ou así botei uns meses que non a sacaba do pescozo
>
>
> UN SOÑO:
> Pois así a bote pronto sería gañar títulos co Taboada e inclusive chegar a preferente.
>
>
> UNHA FRASE
> "Juega como si nunca pudieses cometer un error pero no te sorprendas cuando lo hagas"J.Cruyff e sen ser relativa o fútbol "Cada uno de nosotros lleva en su interior una chispa de fuego,una fuerza creativa" S.Hawking
>
> Espero que vos guste

Enjoy the site? All donations are appreciated

Free Text Host is brought to you by Dagon Design
This site contains no adware, spyware, or popups
Questions? Comments?     Privacy Policy     Report abuse here