> -Nombre completo
> Roi Rigueira Agromartín, alias "O Vilameñe" jeje.

> -¿Posición?
> Por sempre porteiro.

> -¿En qué posición preferirías xogar?
> Por sempre porteiro.

> -¿Cómo empezaches no mundo do fútbol?
> Pois coma todos, no fútbol sala de pequeno en Taboada, e xa despois a fútbol campo, e xa nunca fun quen de abandoalo.

> -Resumeme a túa traxectoria futbolística
> Pois empecei a xogar en Taboada a fútbol sala, despois ficháranos o Calasancio a min, a Manu, Poyán, Nico, Víctor e algún máis, e botei alí tres tempadas e media, alternando titularidades e suplencias; despois funme media tempada para o Lalín (alí rompín por primeira vez a nariz) conseguindo o ascenso á liga nacional xuvenil; despois marchei para o Chantada, onde xoguei dous anos en xuvenís en liga galega e outros dous anos entre o A de preferente e o B de segunda rexional; e esta tempada funme para o Taboada, onde espero botar bastantes máis anos ca catro, sexamos sinceros.

> -Se che preguntara qué é o fútbol, ¿cómo o definirías?
> O deporte colectivo por excelencia, onde aínda facendo todo ben podes perder e facendo case todo mal tamén podes gañar. Cada un dos xogadores ten un cometido e un compromiso co resto, o que gaña ou perde é o equipo, non un xogador en concreto. Ademais, para min non é que sexa un hobby, é que case é unha obriga e, polo menos para min, é a mellor forma de pasalo moi ben, aínda coas decepcións ou paus que a veces te podes levar.

> -¿cómo valoras esta temporada?
> Creo que en liñas xerais estivo ben, aínda que quizais nalgún momento puidemos pecar un pouco de "pardillos", por dicilo de algún modo, pero creo que para nada foi un mal ano, non se conseguiu ascender pero pelexamos case ata o final e gañamos experiencia para vindeiras tempadas, que tamén é importante. No plano persoal, creo que fixen unha tempada aceptable, con partidos bos e partidos malos, pero facendo balance estou contento co rendemento do equipo e co meu en particular tamén, anque evidentemente todos podemos mellorar. Ademais, a tempada non rematou, e teño o presentimento de que, como dixo o Cantinero, no campo da Magdalena de Vilalba, ímoslle gañar ao San Ciprián 1-0 con gol de falta do señor Feás. Ogallá.

> -Desgraciadamente este ultimo partido lesionacheste nun choque, ¿exactamente que che pasou?
Bueno, pois non te creas que me lembro moi ben do lance, pero fun a un balón polo suelo, e golpeeime a cara contra non sei que parte do corpo do Txiki, pero fora cal fora era máis dura cá miña nariz...Asusteime un pouco ó sangrar tanto, e indo para Lugo doíame moito, pero só foi unha pequena ferida e unha fractura sen desprazamento que xa apenas me doe, anque haberá que tratar de curala ben, aínda que creo que xa me doe máis a ferida que a fractura en si.

>-¿Tes para moito tempo?¿ganas de empezar?
Non sei exactamente para canto tempo teño, pero vamos, o médico en Lugo díxome que se era porteiro tiña que ter máis coidado co cal ata o martes ou venres da semana que vén polo menos non me poñerei nunha portería. Respecto a se teño ganas de empezar, é obvio que si, non me gusta non poder adestrar, e menos por ter a nariz rota, ademais quero a miña lista de adestramentos impoluta a final de tempada. Non sei, conto estar dispoñible para xogar a semana que vén, se é que finalmente nos clasificamos para a seguinte rolda da copa.

> -O Calasancio saíu campión de liga en 3ª e o Boveda claro vencedor en 2ª, ¿cres que foi xusto vencedor ou viches equipos máis fortes?
> O que gaña a liga sempre é porque o merece, o tempo pon a cada un no seu lugar e dado que a liga é a competición da regularidade pois supóñome que serán xustos vencedores, tanto Bóveda coma Calasancio, que creo que vai ser un rival a ter en conta para o ano.

> -¿Como viches o nível da categoria este ano?
> Sinceramente sorprendeume para ben, hai equipos, coma nós, Bóveda, Residencia ou Paradela, que tentan xogar ó fútbol, aínda que haxa outros coma Becerreá, Corgo que en fin...pero cada un fai como pode ou como quere. Digo que me sorprendeu porque o fútbol da segunda rexional paréceme máis vistoso có que se ve na maioría de equipos de preferente, onde se aposta moito máis polo xogo directo e pola forza máis que polo fútbol de toque.

> -Agora disputarase a copa, ¿como a afrontades e con que obxectivo?
> Afrontámola como afrontamos a liga, con ilusión e ganas de chegar lonxe. Non se pode falar de obxectivos ó meu modo de ver, o que hai que facer é ir pasando eliminatorias, e aínda que creo que case sempre xogaremos fóra nas de partido único, temos que pensar que podemos gañar en calquera sitio. Ogallá se cumpra a predicción do Cantina e nos poidamos levar a Copa, sería unha moi boa forma de rematar a tempada.

> -¿Cómo te sintes no clube?
Pois moi ben, sinceramente é un clube no que todos nos coñecemos, e o que máis valoro e o que máis me gusta e que tanto me levo ben cos que acaban de pasar de xuvenís coma cos que xa non se acordan da súa etapa xuvenil (véxase señor capitán y otros). Hai moi bon rollo, e iso repercute positivamente no equipo. Ademais, as ceas no caseto son do mellor, hai que facer unha que sexa comida e cea, e ogallá que o motivo sexa ter gañado a copa.

> -¿Como cres que se sinten contigo?
Iso non debería respostalo eu...pero se a xente se sinte comigo como eu me sinto ca xente (compañeiros de equipo, directiva, adestrador, etc) xa me dou cun canto nos dentes ( ou mellor non que igual me pego na nariz e non estou para bromas con ela)

> -¿A que cres q se deben os cambios respecto o ano pasado?
> Aquí xa me pillas máis descolocado. Non o sei, supoño que a xente o tomou con máis ilusión e con máis ímpetu, e o que hai que facer é subir ese nivel de ilusión e ímpetu ano a ano e tempada a tempada.

> -¿Obxectivos para o ano que ven?
> Pois pasalo ben, que o equipo siga así de unido, que siga habenbo ceas no caseto, que volva o butelo e o pulpo (ou polbo) e no aspecto meramente futbolístico intentar ascender, que creo que temos equipo máis que suficiente como para conseguilo, ademais do mellor campo da categoría, que Á Medela é unha pena que non veñan equipos de máis renome. Creo que eses deben ser os obxectivos, e se os cumplimos todos vaia festa ese día.
>
>
> Moi persoal:
>>>
> UN COLOR:
> Amarelo ou verde fosforito (para cando esa camiseta, Cantina? )
>
>
> UNHA COMIDA
> Ui, comer é un pracer. Butelo, orella, caldo de ósos, costela, polbo, e todas en xeral, e mellor se levan unha pizquiña de picante.
>
>
> UNHA BEBIDA:
> Auga normalmente, case sempre, anque a cervexa tamén me sabe, pero máis a auga.
>
>
> UN NUMERO
> O 1, dicide o que queirades, pero é polo que empeza todo.
>
>
> UN EQUIPO
> Por sempre Taboada C.F. No plano profesional, Depor, e teño pasión, non sei porqué, por Osasuna e Tenerife, e agora polo Barça, fútbol de moitos quilates. Respecto o Real Madrid, que perda sempre, aínda que xogue contra o Monterroso.
>
>
> UN LIBRO
> Moitos, devoro libros. En galego, Agosto do 36, recoméndovolo (pedídemo que o teño); en castelán, Código da Vinci e Los Ojos del Dragón de Stephen King. E gustaríame ler a Biblia, pero creo que minte bastante.
>
>
> UNHA PELICULA
> Calquera das de Hannibal Lecter, e senón calquera na que saia Anthony Hopkins, anque non son moi cinéfilo.
>
>
> UN XOGADOR PROFESIONAL
>Maradona, polo que é e polo que representa; Van der Sar porque tiña eu 4 anos e xa gañaba Champions; Tommy N´kono por ser o primeiro porteiro negro que acordo; e Óscar Pablo Dertycia, aquel calvo do Tenerife, que metía goles coma churros.
>
>
> UN ADESTRADOR
> Guardiola ou Pellegrini. Danme bastante igual todos, agás Caparrós, que quero que perda sempre.
>
>
> UN HOBBIE
> Ler, escribir, xogar ó tenis, andar en bicicleta...moitos.
>
>
> UNHA MANIA
> Darlle dous golpes a cada pau da portería, antes de empezar o partido, un con cada mau, e catro ó largueiro, dous con cada mau. Se gañamos e xogo ben, xogo ca mesma roupa o partido segunite, e saír de penúltimo ó campo, anque esta non a cumplo sempre.
>
>
> UN GOL
> O de Donato ó Espanyol cando o Dépor gañou a liga. Do Taboada, o do Víctor o día da Residencia.
>
>
> TEU MELLOR GOL/PARADA:
> Unha en Arousa xogando co Chantada xuvenil, era unha falta directa por encima da barreira que ía á escadra e saqueina a córner. Ata eu me quedei sorprendido. No Taboada, unha vaselina contra a Residencia na Medela.
>
>
> O PARTIDO DO QUE MELLOR RECORDO TES
> Coruxo 0-2 Chantada, eran os líderes e nós os penúltimos, e gañamos con 10 metendo 2 goles no desconto.
Co Taboada, o día da Residencia alá ou o do Bóveda na casa.
>
>
> O PARTIDO DO QUE PEOR RECORDO TES
> Pode parecer raro tendo en conta o que me pasou o sábado, pero o peor para min foi o Laxosa 3-2 Taboada, estaban máis mortos ca vivos...
>
>
> O MELLOR XOGADOR CO QUE XOGACHES
> Lois, Guerreiro, Poyán, Ibán...moitos.
>
>
> O MELLOR COMPAÑEIRO DE VESTIARIO
> Sería inxusto elixir, hai moitos e moi bos.
>
>
> UNHA ANECDOTA QUE NUNCA ESQUECERAS
> Cando deixamos ó Ibán pedindo de comer na cantina de Santa Comba, ou unha vez que iamos a Redondela e que quedamos medios atrapados pola neve na Barrela.
>
>
> ERES XOGADOR PORQUE...
> O fútbol é o que máis me gusta.
>
>
> O MELLOR DE SER XOGADOR É...
> O compañeirismo, o que se aprende, as victorias...
>
>
> E O PEOR...
> As lesións, as propias e as alleas.
>
>
> UN RECORDO
> Os primeiros guantes que me comprou meu pai, chegoume un día con eles, e desde ese día non os abandoei. E aínda os teño, anque xa nin me entran os dedos.
>
>
> UN SOÑO:
> O Taboada en primeira división...Sendo realistas, o Taboada en preferente ou terceira jeje. E que sigamos así. Ah, e poder ter a oportunidade un día de poder publicar un libro, é o que me falta que escrito xa o teño.
>
>
> UNHA FRASE
> O que dixo que "O importante é participar" era un perdedor. "Prefiro morrer de pé ca vivir axeonllado", ou unha que lle escoitei a meu avó, ó que tentaban convencer para que deixara de fumar " Perdóolle o mal que me fai polo ben que me sabe"
>
> Igual vos fixen ler demasiado, pero e que vós e o Taboada C.F en xeral merecedésvolo, isto e máis. Gracias a todos por todo. Un saúdo.

Enjoy the site? All donations are appreciated

Free Text Host is brought to you by Dagon Design
This site contains no adware, spyware, or popups
Questions? Comments?     Privacy Policy     Report abuse here